O 1 de xullo arrincou o periodo de rebaixas de verán no comercio galego. A Federación Galega de Comercio estima que as vendas durante esta época serán de arredor de 90 millóns de euros.
Cada galego gastará arredor de 80 euros neste periodo, que chega para o comercio despois dunha temporada na que as vendas resentíronse por mor da ralentización do consumo, o mal tempo, e o adianto dos descontos por parte de moitos establecementos.
Especialmente nos sectores de téxtil e calzado, os comerciantes agardan remontar en parte nas rebaixas esta situación e sacar ao mercado o stock dos seus almacéns. Para iso, agárdanse descontos moi agresivos dende os primeiros dias de rebaixas, pero mantendo a calidade e o servizo que dende sempre ofrece ao consumidor o comercio tradicional galego.
Os comercios poderán desenrolar as rebaixas de verán entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, durante un mínimo de unha semana e un máximo de dous meses.
Entre as recomendacións básicas a seguir neste periodo cabe destacar a de anunciar as rebaixas mediante carteis fixados nun lugar visible do establecemento indicando as datas de vixencia das mesmas; etiquetar correctamente os artigos marcando o prezo anterior e o prezo rebaixado ou a porcentaxe de reducción aplicada; ter os artigos á venda con prezo ordinario a lo menos durante un mes antes; anunciar visiblemente a través dun cartel a decisión de non aceptar tarxetas ou a devolución de artigos durante as rebaixas; entre outras.
PRESENTADO O PLAN ÁGORA AGORA RE-COMERCIA 2010-2013
A Xunta de Galicia presentou o Plan Ágora Agora-Recomercia 2010- 2013, un proxecto que naceu co obxetivo de potenciar, dinamizar, modernizar e facer mais competitivo o pequeno comercio galego durante os seguintes catro anos. O plan conta cunha partida económica de 129 millons de euros.
A Federación Galega de Comercio celebrou en Santiago de Compostela a reunión da Asemblea Xeral Ordinaria da organización, para facer balance do ano 2009 e falar dos proxectos e previsións para o ano en curso.
Nesta reunión tratouse sobre o adverso entorno económico que se traduciu xa no peche dun gran número de establecementos e en descenso xeneralizado das vendas. As alarmantes cifras do paro, o alza do IVE, as subas de impostos e o resto de medidas económicas adoptadas polo executivo estatal fan que os potenciais clientes do comercio polo miúdo estean perdendo poder adquisitivo. Polo tanto, non é un bo momento para o sector, e ante esta situación dende a Federación Galega de Comercio fíxose no 2009 un especial esforzo para que contara coa promoción, a formación e o asesoramento que máis que nunca precisa.
A Federación Galega de Comercio presentou nas correspondentes Federacións Provinciais de Comercio o Plan de Formación do Comercio Galego que se desenrola durante o ano 2010.
Neste senso, a Federación de Comercio desenvolve este ano dous proxectos formativos, un de ámbito autonómico e outro estatal, a través dos cales formará en Galicia a 5.150 traballadores do sector.
O Plan de Formación do Comercio Galego 2010 permite aos traballadores do sector elixir entre unha gran variedade de accións formativas. En concreto, abarca un total de 95 accións diferentes nas modalidades de presencial e on line (teleformación).
Destacar que máis do 60% das accións formativas que imparte a organización tratan de materias específicas para o sector, tales como técnicas de venda, escaparatismo, atención ao cliente, etc., xa que se considera de gran importancia ofrecer este tipo de formación adaptada ás características e necesidades dos profesionais do comercio minorista.
En 2010 incrementouse especialmente a oferta formativa en accións relacionadas coa prevención de riscos e a saúde laboral.
A Federación aposta pola formación e capacitación dos traballadores, en especial na actual coxuntura económica, de cara á consecución da definitiva profesionalización do sector para afrontar con garantías de éxito as esixencias do mercado laboral actual.
Destacar que o plan é froito da boa xestión da Federación Galega de Comercio, que leva máis de 20 anos executando este tipo de programas, sendo a organización que máis formación imparte para o sector comercio en Galicia e estando no grupo de cabeza a nivel estatal.
Todos os empresarios e traballadores do sector comercio poden acceder a esta formación, que se imparte totalmente de balde nun bo número de localidades galegas.
A difusión deste Plan Formativo realízase a tódalas empresas do sector mediante comunicación directas, e través dos portais corporativos da FGC e as súas organizacións integradas.
Tamén utilízanse campañas promocionais en Google e, como novidade, este ano emprégase publicidade estática en autobuses e vallas nas grandes capitais de Galicia.
PRESENTACIÓN DO ANTEPROXECTO DE LEI DE COMERCIO INTERIOR DE GALICIA
A Consellería de Economía e Industria publicou o Anteproxecto de lei de Comercio Interior de Galicia.
Esta normativa ten como obxectivo acadar a modernización, a mellora e o desenvolvemento do sector comercial galego, dando resposta ás demandas dos comerciantes sen descoidar a protección dos consumidores.
PUBLICACIÓN DA LEI 1/2010, DE 1 DE MARZO, DE REFORMA DA LEI 7/1996, DE 15 DE XANEIRO, DE ORDENACIÓN DO COMERCIO MINORISTA
Modificación da regulación comercial minorista
O Boletín Oficial do Estado do 2 de marzo de 2010, publica a lei 1/2010 de marzo, de reforma de Lei 7/1996, de 15 de xaneiro, de Ordenación do Comercio Minorista.
Esta Lei modifica a regulación comercial minorista co fin de adaptar a mesma o establecido pola Directiva 2006/123/CE, relativa os servicios no mercado interior.
- En portada. Beatriz Mato, Conselleira de Traballo e Benestar
- Campañas. Promoción do Consumo
- Formación. Plan formativo FGC
- Normativa. Xoiaría, maior protección
- Artesanía
- De compras por...
- Caixa Galicia. Tarxetas Prepago
- Redes Sociais
CNAE: TÁBOA DE CONVERSIÓN DO CNAE DE 1993 Ó CNAE DE 2009
A clasificación nacional de actividades económicas (CNAE) mudou a partir do exercicio 2009. Polo tanto, deberemos ter en conta a nova codificación para identificar a nosa actividade exactamente, sobre todo se nos dimos de alta antes do 01/01/2009.
Temos que ter presente que o CNAE que debemos comunicar en todas as nosas declaracións, sexan do tipo que sexan, é o correspondente ó CNAE 2009. Como mostra do cambio, temos por exemplo a codificación do imposto de sociedades ou a identificación da actividade da empresa no depósito de contas.
Táboa de equivalencias entre os CNAEs proporcionada polo Rexistro Mercantil. Está ordenada por orde ascendente do código CNAE do ano 2009, devolvendo o resultado do ano 1993.
ENCONTRO EMPRESARIAL - PROPOSTAS PERANTE A CRISE
Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela
A Federación Galega de Comercio traslada á Xunta de Galicia, un comunicado e unha serie de propostas, no referido á crise que está a atravesar o sector do comercio polo miúdo.
APLICACIÓN DE AXUDA Á CUMPLIMENTACIÓN DE SOLICITUDES A LIÑAS DE AXUDA
A Consellería de Traballo puxo en marcha unha "Aplicación de axuda á cumplimentación de solicitudes a liñas de axuda". Trátase dunha aplicación web de axuda para cubrir as solicitudes de axudas do programa "fomento da contratación indefinida incial de mozos desempregados" e á que se incorporarán en breve a de "incentivos á transformación en indefinidos dos contratos temporais celebrados con mozos" e o programa de "promoción do emprego autónomo". Novas axudas incorporaranse no futuro.
Publicouse na web da Xunta e na da Consellería unha nota de prensa sobre o tema, que podedes consultar no seguinte enlace: