¿Que é o comercio electrónico?
O comercio electrónico é unha ferramenta de gran potencial para a empresa galega que se pode definir como o “proceso electrónico previo, a negociación, o funcionamento e o proceso posterior das transaccións de negocio entre suxeitos comerciais” (definición da Organización para o Desenvolvemento e Cooperación Económica – OCDE).
Vantaxes do comercio-e
O comercio electrónico pode reportar numerosas vantaxes a unha PEME:
- Apertura dunha nova canle de negocio
- Canle de negocio aberta as 24 horas os 365 días do ano
- Acceso a un mercado máis amplo de clientes ou produtos
- Redución de custos
- Axilización de procedementos administrativos
- Optimización de procesos comerciais
- Mellora da comunicación interna (na propia empresa) e externa (con clientes ou proveedores)
- Promoción e mellora da imaxe corporativa
Tipos de comercio electrónico
Existen dous tipos principais de comercio-e:
Negocios entre empresas (o chamado B2B “Business to Business”)
Negocios co cliente final ( o chamado B2C, “Business to Consumer”)
Ademais, existen outros tipos de comercio electrónico menos estendidos:
O B2E (relación empresa-empregado)
O B2A (negocio-empresa-administración), etc.
|