Castellano
Luns, 21 de Abril de 2014 17:52 Prensa Servizos Empresas Contacta connosco
  
Establecer como páxina de inicio Engadir a favoritos
Circular 143/2011. RECORDATORIO ALTA REGISTRO GALEGO COMERCIO.

"Pola presente recórdolles que o pasado 15 de Xullo do 2011, foi publicada no DOG a Orde de 29 de Xuño do 2011, pola que se publicaban os modelos oficiais de declaración responsable e comunicación de datos ao Rexistro Galego de Comercio, Orde que lles foi remitida por circular nesta mesma data. Segundo esta Orde, as Federacións de Comercio, Asociaciónes de Comerciantes/Centros Comerciais Abertos, e os establecementos comerciais, que desexen optar a calquera das liñas de axuda convocadas pola Administración da Comunidade Autónoma, ou para participar activamente nos seus programas específicos, será condición indispensable que se atopen inscritos neste Rexistro, polo que sería conveniente que aquelas entidades ou establecementos comerciais que estén interesados en solicitar subvencións, procedan a tramitar a súa inscrición no citado Rexistro de Comercio. Esta inscrición deberá levarse a cabo de xeito telemático no seguinte enderezo: http://economiaeindustria.xunta.es, cubrindo os correspondentes anexos segundo se trate dunha Federación ou Asociación de Comerciantes (ANEXO III) ou dun establecemento comercial (ANEXO I), e adxuntando a documentación requerida en cada un dos citados anexos. Remitímoslle novamente a referida Orde para a súa información"

Documento





FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO
Ronda da Muralla 52-54 Ent. B C.P. 27002 Lugo. E-mail: fgc@comerciogalicia.com · Teléfono: 982 255 120    Fax: 982 251 300