Castellano
Xoves, 17 de Abril de 2014 15:26 Prensa Servizos Empresas Contacta connosco
  Inicio
  CDRoms e Manuais
  Dicionario
Establecer como páxina de inicio Engadir a favoritos
DICIONARIO ILUSTRADO DO COMERCIO

              A Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio presentou o Dicionario Ilustrado do Comercio nas catro provincias galegas.

              O obxectivo desta cobizosa iniciativa é dar un paso máis na procura dun comercio galego de calidade, capaz de dar resposta en tódolos ámbitos ás esixencias do consumidor. Neste senso, polo seu papel de intermediación e trato directo co cliente, considérase que o comercio retallista desempeña entre outras funcións un papel fundamental nas políticas de fomento, normalización e inmersión lingüística. Con esta nova ferramenta, editada pola Federación Galega de Comercio en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio, facilítase tanto ao comerciante como ao consumidor o uso do galego nas transaccións comerciais.




FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO
Ronda da Muralla 52-54 Ent. B C.P. 27002 Lugo. E-mail: fgc@comerciogalicia.com · Teléfono: 982 255 120    Fax: 982 251 300