Castellano
Xoves, 17 de Abril de 2014 12:02 Prensa Servizos Empresas Contacta connosco
  Inicio
  Servizos
  Contratos laborais
Establecer como páxina de inicio Engadir a favoritos
Contratos de traballo

  • Características dos contratos

  • Tipos de contratos


  • Características dos contratos

                  Un contrato de traballo é un acordo entre empresario e traballador polo que este empresario e baixo a súa dirección, a cambio dunha retribución.

                  Poden asinalo:

                  - Os maiores de idade (18 anos)
                  - Os menores de 18 anos legalmente emancipados.
                  - Maiores de 16 anos e menores de 18 se teñen autorización dos pais e de quen os teña ao seu cargo. Se viven de xeito independente, co consentemento expreso ou tácito dos seus pais ou titores.
                  - Os extranxeiros dacordo coa lexislación que lles sexa aplicable.

                  Sobre a formalización:

                  O contrato de traballo pode formalizarse por escrito ou de palabra.

                  É obrigatorio por escrito cando así o esixa unha disposición legal, e sempre nos contratos que se relacionan:

                  - Prácticas
                  - Formación
                  - Para a realización dunha obra ou servizo determinado
                  - A tempo parcial, fixo discontinuo e de relevo
                  - A domicilio
                  - Traballadores contratados en España ao servizo de empresas españolas no extranxeiro
                  - Os contratos por tempo determinado, cuxa duración sexa superior a catro semanas

                  Cada unha das partes poderá esixir que o contrato se celebre por escrito, en calquera momento do transcurso da relación laboral.

                  Sobre o período de proba:

                  O seu establecemento é optativo e de acordalo deberase reflectirse por escrito no contrato.

                  A súa duración máxima establecerase nos Convenios Colectivos, e no seu defecto a súa duración non poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados, ou dos dous meses para o resto dos traballadores.

                  Durante o período de proba, o traballador terá os mesmos dereitos e obrigas correspondentes ao posto de traballo que desempeñe, como se fora do cadro de persoal.

                  Durante este período poderase rescindir a relación laboral por vontade de calquera das partes, sen alegar causa algunha e sen preaviso, salvo pacto en contrario.

                  O período de proba compútase a afectos de antigüidade.

                  A situación de incapacidade temporal que afecte ao traballador durante o periodo de proba interrompirá o cómputo do mesmo, sempre que se produza acordo entre as dúas partes.

                  Nas empresas con menos de 25 traballadores, o período de proba non poderá exceder de 3 meses para os traballadores que non sexan técnicos titulados.

                  Non se poderá establecer período de proba cando o traballador desempeñara xa as mesmas funcións na empresa, baixo calquera modalidade de contratación.

                  Sobre a duración:

                  Un contrato de traballo pode ser indefinido (fixo), ou ben ter unha duración determinada (temporal).

                  En principio todo contrato de traballo é indefinido e a xornada conpleta, salvo que no contrato de traballo se estableza o contrario.

                  As normas que regulan cada tipo de contrato temporal, establecen cal é a duración mínima e máxima do contrato.

                  Sobre os dereitos e obrigas:

                  Un contrato de traballo supón uns dereitos para o traballador, que se converten en obrigas para o empresario. Ao mesmo tempo, as obrigas que contrae o traballador convértense en dereitos do seu empresario.

                  O empresario contrae obrigas con:

                  - O traballador: Cando a relación laboral sexa de duración superior a catro semanas, o empresario deberá informar por escrito ao traballador sobre os elementos esenciais do contrato e principais condicións de execución da prestación laboral, sempre que tales elementos e condicións non figuren no contrato de traballo formalizado por escrito.

                  - Os representantes legais dos traballadores: Tamén deberá entregar aos representantes legais dos traballadores unha copia básica dos contratos formalizados por escrito (con excepción dos contratos de relacións especiais de alta dirección, para os que é suficiente a notificación), así como as prórrogas de ditos contratos e as denuncias dos mesmos, tendo para iso o mesmo prazo de dez días. A copia básica conterá todos os datos do contrato a excepción do número do DNI, enderezo, estado civil, e calquera outro dato que poda afectar á identidade persoal do interesado.

                  - O Servizo Público de Emprego: Os empresarios están obrigados a rexistrar na Oficina de Emprego do Servizo Público de Emprego no prazo dos dez días seguintes á súa concertación, os contratos que deben celebrarse por escrito; ou comunicar, en igual prazo, as contratacións efectuadas, aínda que non exista obriga legal de formalizalas por escrito.

                  Cando sexa obrigatorio o rexistro no SPE dun contrato, deberá ir acompañado dunha copia básica do mesmo, asinada polos representantes legais dos traballadores, se os houbera.

                  Cando non sexa obrigatorio dito rexistro, pero haxa obriga de formalizar o contrato por escrito e entregar copia básica ó representante dos traballadores, remitirase ao SPE exclusivamente a copia básica.

                  Dereitos do traballador:

                  - Á ocupación efectiva durante a xornada de traballo.
                  - Á promoción e formación no traballo.
                  - Á non ser discriminados para acceder a un posto de traballo.
                  - Á integridade física e á intimidade.
                  - Á percibir puntualmente a remuneración pactada.
                  - Os demais que se establezan no contrato de traballo.

                  Deberes do traballador:

                  - Cumprir as obrigas concretas do posto de traballo conforme aos principios da boa fe e dilixencia.
                  - Cumprir as medidas de seguridade e hixiene que se adopten.
                  - Cumprir as ordes e instruccións do empresario no exercizo da súa función directiva.
                  - Non realizar a mesma actividade que a empresa en competencia con ela.
                  - Contribuír a mellorar a productividade.
                  - Os demais que se establezan no contrato de traballo.


    Tipos de contratos e modelos

  • Contrato indefinidos

  • Contratos indefinidos bonificados

  • Contratos indefinidos ou temporais bonificados

  • Contratos formativos

  • Contratos de duración determinada

  • Contrato de relevo

  • Contrato para persoas con discapacidade

  • Contrato para a investigación

  • Contrato de substitución por xubilación anticipada

  • Outros contratos de traballo

  • Anexos

  • Medidas de apoio ó mantemento do emprego ou reincorporación




  • FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO
    Ronda da Muralla 52-54 Ent. B C.P. 27002 Lugo. E-mail: fgc@comerciogalicia.com · Teléfono: 982 255 120    Fax: 982 251 300