Galego
Sabado, 31 de Julio de 2010 11:40 Prensa Servicios Empresas Contacta con nosotros
  Inicio
  Información
  Boletín de noticias
  Noticias FGC
  2006
  JUNIO
  17/06/06
Establecer como página de inicio Añadir a favoritos
DIPLOMAS PARA 27 TÉCNICOS (EL CORREO GALLEGO, 17 DE JUNIO DE 2006)

              A Rede de Centros Comerciais Abertos (CCA)de Galicia, clausurou ante pola mañá, en Santiago, o seu Programa de Dirección e Organización de CCAs, unha iniciativa pioneira que se desenvolveu dende o pasado mes de marzo no marco desta rede, que se acaba de crear ao amparo da Federación Galega de Comercio.

              Técnicos dos 27 centros comerciais abertos integrados actualmente na rede recibiron os seus diplomas de mans de José María Seijas López, presidente da Rede de CCAs de Galicia e da Federación Galega de Comercio; Pastor Fuenteseca Díaz, director xeral de Formación e Colocación; Antonio Fontenla Ramil, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia; Ángel Raposo Taja, director da oficina de Relacións con Organismos de Caixa Galicia; e o concelleiro de Promoción Económica, José Manuel Iglesias Iglesias.

              O Programa de Dirección e Organización de CCAs desenvolveuse a través de 6 seminarios encamiñados á formación eficaz e eficiente do persoal técnico que se atopa á fronte destes novos formatos comerciais e contou con docentes de gran nivel no ámbito nacional. Deste xeito, achegou os coñecementos específicos necesarios en materias tributarias, de promoción, de planificación e de dirección, co obxectivo de optimizar a dirección e organización dos centros comerciais abortos, favorecendo o seu desenvolvemento e crecemento.

              José María Seijas, destacou que a iniciativa “supón para nós un grande esforzo, xa que se trata de formación privada financiada exclusivamente con fondos da Federación Galega de Comercio e coa importante colaboración de Caixa Galicia". Ademais, avanzou a intención de organizar novas accións similares no futuro, de cara a actualizar a preparación e formación do persoal destes CCAs.

              Seijas López agradeceu a asistencia ao acto do director xeral de Formación, Pastor Fuenteseca, "que colabora coa nosa organización noutras iniciativas formativas de grande importancia para o sector, como o contrato programa autonómico de formación continua ou estudos sobre formación no sector". Tamén resaltou a presenza do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, destacando a importancia que ten para o comercio minorista a integración en organizacións fortes, de cara á defensa dos intereses do sector.

              Finalmente, Seijas loou o esforza dos alumnos e apostou polo traballo que se pode desenvolver dende a Rede de Centros Comerciais Abertos de Galicia.

              Camiñar xuntos cara á formación e a calidade

              Antonio Fontenla cualificou de "moi importante para Galicia" o sector do pequeno comercio, "que está mantendo unha loita importante pola súa supervivencia", engadindo que unha excelente forma de facelo e de triunfar no mundo do comercio é "esta maneira que ten de agruparse nestes centros comerciais abertos". "Precisamente", continuou, "o éxito vén demostrar o interese, porque unha formación que se fai con fondos privados, é moito máis valiosa".

              Pola súa parte, Pastor Fuenteseca, destacou que "se está producindo unha dura  competencia, á cal o sector responde cun enorme es forza de formación e de aposta pola calidade no traballo, porque falamos dun sector que agrupa o da poboación afiliada á Seguridade Social en Galicia". Máis adiante, subliñou que a Consellería levou a cabo un traballo de negociación e consenso cos diversos axentes sociais, e dixo: "Todo o que sexa camiñar cara á mellora da calidade e a condición formativa dos traballadores, será camiñar xuntos".




FEDERACIÓN GALLEGA DE COMERCIO
Ronda de la Muralla 52-54 Entresuelo C.P. 27002 Lugo. E-mail: fgc@comerciogalicia.com · Teléfono: 982 255 120    Fax: 982 251 300